
SOBRE MIN
Eva Mejuto
Xornalista e escritora (Sanxenxo, 1975).
Doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas.
A MIÑA HISTORIA
Un pouco sobre min
- 01
Literatura infantil e xuvenil
Traballando na editora Kalandraka e en OQO ata 2006, descubrín que a miña especialidade era a literatura infantil e xuvenil e participar en encontros co alumnado dos colexios.
- 02
Autora de adaptacións de contos
Ademais da formación e a docencia na Facultade de Belas Artes, son autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas.
- 03
Literatura xuvenil
En 2017 inicio unha andaina nova no eido da literatura xuvenil con 22 segundos, a primeira obra de LIX galega que trataba a temática dun mozo trans.
RECOÑECEMENTOS
Pegadas no camiño
- 2019
Memoria do silencio
Publicada en Xerais, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial. Finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.
- 2020
Matilde
Gañadora do certame Matilde Bares, relatos pola igualdade, do Concello de Bueu, inspirado na vida da profesora bueuense Matilde Bares.
OUTRAS OBRAS
- A casa da mosca chosca (2002)
- Rato de campo e rato de cidade (2002)
- O zapateiro e os trasnos (2003)
- Corre, corre, cabaciña (2006)
- Tres desexos (2007)
- Maruxa (2014)
- Dez gatiñas viaxeiras (2019)