Cuberta de Queco e Kika: dúas mulleres abrazan un can marrón e un can branco mentres un gato as observa

NARRATIVA INFANTIL · A PARTIR DE 9 ANOS

Queco e Kika

Eva Mejuto · Ilustracións de Paula Cheshire · Edicións Xerais · Colección Merlín · De 9 anos en diante · 2025

VIII Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade

Un can vello e roñón, unha cadela rebuldeira e unha familia diversa. Que pode saír mal?

Propostas de traballo na aula Onde mercalo

SINOPSE

Sinopse

Queco é un can vello e roñón que vive desde hai tempo na casa de Sara e Lara. Kika é unha cadela alegre e rebuldeira que acaba de ser adoptada pola parella. Queco está aborrecido coa chegada da nova inquilina. Kika está encantada coa nova vida e fai o posible por agradar para que non a abandonen, como xa lle sucedera no pasado.

Mais as boas intencións non sempre son suficientes para evitar meter a pata ante o señor Ramón, o veciño rosmón que está empeñado en botar do edificio a familia diversa que formaron Sara e Lara.

Unha novela chea de humor sobre a convivencia e o amor aos animais, que mereceu o VIII Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil pola igualdade.

QUEN É QUEN

Coñece a familia (e o veciño)

  • Retrato de Queco

    Queco

    Can vello e roñón. Levaba anos tan tranquilo na casa…

  • Retrato de Kika

    Kika

    Cadela alegre e rebuldeira, recén adoptada e con ganas de agradar.

  • Retrato de Sara e Lara

    Sara e Lara

    A parella que lles abre a porta da súa casa (e do seu sofá).

  • Retrato de O señor Ramón

    O señor Ramón

    O veciño rosmón que quere botalas do edificio.

ILUSTRACIÓNS DE PAULA CHESHIRE

Follea o libro

Queco rodeado de Kika, que salta e xoga ao seu arredor
Lara en plena emisión de radio mentres Kika, Queco e Frida invaden a mesa
Kika foxe correndo, perseguida por un enxame de nespras
No parque, Lara celebra que Kika fai pis fóra mentres Queco mira con cara de rabia

LÉ UN FRAGMENTO

Fago como que non pasa nada e, cando achega o nariz ao meu rabo…, ras!, vai o aire a propulsión directo ao fociño. Ha, ha, ha! Morro de risa coa cara que lle queda: primeiro de susto, logo de sorpresa e, á fin, pon unha expresión entre noxo e risa que a fai parecer aínda máis fea do que é. De noxo: porque o tufo non debe de ser fácil de aturar, e de risa: porque cando me ve a min ás gargalladas, a moi paifoca ponse a rir ela tamén, aínda que non saiba por que.

Sempre está contenta, chimpando e bailando, a dar voltas arredor de min, arredor dela mesma, arredor dunha cadeira ou dun pau… Tanto lle ten. Ela, con tal de xogar e que lle fagan caso, calquera cousa. Que rabia lle teño, caramba!

Que non, non é que teña celos nin nada parecido. Con Frida, a gata, lévome de marabilla: ela ao seu e eu ao meu. Nunca discutimos, nunca pelexamos. Se cadra é que apenas falamos. Ela veña a ronronar e anoarse de colo en colo. A moi palanquina non fai moita máis cousa que subir ao poleiro máis alto que atope, poñerse ao sol e durmir horas e horas. Coa escusa de que está doente, non dá pancada. Así calquera, ho!

Queco, en Queco e Kika

PARA O PROFESORADO E AS FAMILIAS

Propostas de traballo na aula

Actividades para ler Queco e Kika en primaria e falar de convivencia, diversidade familiar e coidado dos animais.

Ir ás propostas

evamejuto.gal/quecoekika

  • Guía de lectura
  • Actividades
  • Fichas para imprimir
  • Encontros coa autora

RECOÑECEMENTOS E PRENSA

Recoñecementos e prensa

PREMIO VIII Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2024 · Instituto de Estudos Chairegos, Concello de Vilalba e Edicións Xerais. Premiada co título provisional Onde caben catro
«O vínculo entre a infancia e os animais da casa é moito máis forte…»
Eva Mejuto · Nós Diario

NA REDE

Na rede

FICHA TÉCNICA

Ficha técnica

Ver na web da editorial Mercar na túa libraría

Autoría
Eva Mejuto
Ilustración
Paula Cheshire
Editorial
Edicións Xerais
Colección
Merlín · De 9 anos en diante
Publicación
Setembro de 2025
Idade recomendada
A partir de 9 anos
Páxinas
104
Formato
19 × 14 cm
ISBN
978-84-1110-713-6
Lingua
Galego