Memoria do silencio
Eva Mejuto · Edicións Xerais · Colección Fóra de Xogo · 2019
Ribadavia, verán de 1943. Tres voces, unha rede de segredos e un único fin: a liberdade.
SINOPSE
Sinopse
Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943.
Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra.
Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade. Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.
Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22 segundos (Xerais 2017).
LÉ UN FRAGMENTO
Ás mulleres non nos queda outra que facer de parvas e por boa cara, polo menos de portas para fóra. Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisibles, coma o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar cóase en todos os recantos precisamente porque non se ve. Así facemos nosoutras.
ENTRE FICCIÓN E REALIDADE
A historia real
A novela inspírase na historia das irmás Touza, que desde o quiosco da estación de tren de Ribadavia axudaron a centos de persoas xudías perseguidas polo nazismo a cruzar o Miño cara a Portugal. Unha fazaña que permaneceu en silencio durante décadas.
A personaxe de Frieda está baseada en Frieda Belinfante, directora de orquestra e resistente na Holanda ocupada.
PARA O PROFESORADO
Propostas de traballo na aula
Materiais para traballar Memoria do silencio con alumnado de secundaria: guía de lectura, actividades antes, durante e despois da lectura e recursos para afondar nos temas da novela.
evamejuto.gal/memoriadosilencio
- Guía de lectura
- Actividades para a aula
- Recursos para afondar
- Encontros coa autora
RECOÑECEMENTOS E PRENSA
Recoñecementos e prensa
«Literatura da memoria en estado puro, á altura dos clásicos internacionais do xénero»
NA REDE
Na rede
FICHA TÉCNICA
Ficha técnica
- Autoría
- Eva Mejuto
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- Fóra de Xogo
- Ano de publicación
- 2019
- Idade recomendada
- A partir de 13 anos
- Páxinas
- 152
- Formato
- Rústica · 13 × 21 cm
- ISBN
- 978-84-9121-461-8
- Lingua
- Galego
- Número da colección
- 180
- Ilustración de cuberta
- David Sierra