Queco e Kika
Eva Mejuto · Ilustracións de Paula Cheshire · Edicións Xerais · Colección Merlín · De 9 anos en diante · 2025
VIII Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade
Un can vello e roñón, unha cadela rebuldeira e unha familia diversa. Que pode saír mal?
SINOPSE
Sinopse
Queco é un can vello e roñón que vive desde hai tempo na casa de Sara e Lara. Kika é unha cadela alegre e rebuldeira que acaba de ser adoptada pola parella. Queco está aborrecido coa chegada da nova inquilina. Kika está encantada coa nova vida e fai o posible por agradar para que non a abandonen, como xa lle sucedera no pasado.
Mais as boas intencións non sempre son suficientes para evitar meter a pata ante o señor Ramón, o veciño rosmón que está empeñado en botar do edificio a familia diversa que formaron Sara e Lara.
Unha novela chea de humor sobre a convivencia e o amor aos animais, que mereceu o VIII Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil pola igualdade.
QUEN É QUEN
Coñece a familia (e o veciño)
-
Queco
Can vello e roñón. Levaba anos tan tranquilo na casa…
-
Kika
Cadela alegre e rebuldeira, recén adoptada e con ganas de agradar.
-
Sara e Lara
A parella que lles abre a porta da súa casa (e do seu sofá).
-
O señor Ramón
O veciño rosmón que quere botalas do edificio.
ILUSTRACIÓNS DE PAULA CHESHIRE
Follea o libro
LÉ UN FRAGMENTO
Fago como que non pasa nada e, cando achega o nariz ao meu rabo…, ras!, vai o aire a propulsión directo ao fociño. Ha, ha, ha! Morro de risa coa cara que lle queda: primeiro de susto, logo de sorpresa e, á fin, pon unha expresión entre noxo e risa que a fai parecer aínda máis fea do que é. De noxo: porque o tufo non debe de ser fácil de aturar, e de risa: porque cando me ve a min ás gargalladas, a moi paifoca ponse a rir ela tamén, aínda que non saiba por que.
Sempre está contenta, chimpando e bailando, a dar voltas arredor de min, arredor dela mesma, arredor dunha cadeira ou dun pau… Tanto lle ten. Ela, con tal de xogar e que lle fagan caso, calquera cousa. Que rabia lle teño, caramba!
Que non, non é que teña celos nin nada parecido. Con Frida, a gata, lévome de marabilla: ela ao seu e eu ao meu. Nunca discutimos, nunca pelexamos. Se cadra é que apenas falamos. Ela veña a ronronar e anoarse de colo en colo. A moi palanquina non fai moita máis cousa que subir ao poleiro máis alto que atope, poñerse ao sol e durmir horas e horas. Coa escusa de que está doente, non dá pancada. Así calquera, ho!
PARA O PROFESORADO E AS FAMILIAS
Propostas de traballo na aula
Actividades para ler Queco e Kika en primaria e falar de convivencia, diversidade familiar e coidado dos animais.
evamejuto.gal/quecoekika
- Guía de lectura
- Actividades
- Fichas para imprimir
- Encontros coa autora
RECOÑECEMENTOS E PRENSA
Recoñecementos e prensa
«O vínculo entre a infancia e os animais da casa é moito máis forte…»
NA REDE
Na rede
FICHA TÉCNICA
Ficha técnica
Ver na web da editorial Mercar na túa libraría
- Autoría
- Eva Mejuto
- Ilustración
- Paula Cheshire
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- Merlín · De 9 anos en diante
- Publicación
- Setembro de 2025
- Idade recomendada
- A partir de 9 anos
- Páxinas
- 104
- Formato
- 19 × 14 cm
- ISBN
- 978-84-1110-713-6
- Lingua
- Galego